Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os escolares de Vedra coñecen de primeira man o seu patrimonio

Fixeron unha ruta histórica e artística, seguen coas lendas e descubriron o eido audiovisual

Os rapaces do CPI Plurilingüe de Vedra continúan desenvolvendo o proxecto educativo Vedra Medra, que conta cada mes cunha intensa actividade arredor do patrimonio da contorna, da súa toponimia ou mesmo da riqueza lendaria. O obxectivo principal é que os escolares coñezan de primeira man o seu municipio e tamén se comprometan a protexelo.
O mes de maio comezou coa iniciativa Vedra de lenda. Os alumnos de 1º de ESO remataron a ilustración das lendas da comarca e traballarán na tradución ao inglés e francés da versión en galego. A organización busca editar un libro plurilingüe coas lendas.
Unha das actividades que repiten cada mes son as excursións. Por exemplo, dende o departamento de Historia organizaron un percorrido histórico-artístico polas parroquias de Santa Cruz de Ribadulla, A Ponte Ulla e San Mamede.

Articulo completo en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

27 may 2017 / 19:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito