Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
UNIVERSIDADE

Especialistas chegados de cinco países nun foro da Escola de Enxeñería en Vigo

Ata 40 especialistas chegados de Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España están a participa na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial En Vigo no obradoiro de lanzamento do proxecto Sirma, un traballo financiado pola Unión Europea con preto de dous millóns de euros e que ten como principal obxectivo a creación dun sistema capaz de anticipar e mitigar os efectos de eventos naturais extremos, sobre todo inundacións e incendios forestais, nas principais infraestruturas atlánticas de transporte, incluídas tanto estradas como liñas ferroviarias. "A maior parte do transporte de persoas e mercadorías na área atlántica realízase por ferrocarril e por estrada. O rendemento destas infraestruturas está afectado por eventos naturais extremos e polos fortes procesos de corrosión que resultan da proximidade co océano Atlántico", explicou onte na presentación da reunión a profesora Belén Riveiro, investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo, que estivo acompañada na presentación polo reitor, Manuel Reigosa; o secretario da EEI, Pablo Izquierdo, e tamén a concelleira e docente deste centro Ana Mejías.

14 ene 2020 / 21:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito