Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O espectáculo benéfico "E ti, de quen ves sendo" recadou máis de 2.000 euros para a investigación do cancro infantil

Unhas 700 persoas asistiron ás dúas función programadas no Auditorio Municipal // Máis de 120 membros da academia de animación Nydia, de Vilagarcía, protagonizaron o festival

Preto de 700 persoas asistiron a pasada fin de semana no Auditorio Municipal ao espectáculo benéfico “E ti, de quen ves sendo?”, promovido pola academia de animación sociocultural Nydia, de Vilagarcía, coa colaboración do Concello de Valga para recadar fondos para o colectivo Nico Contra o Cancro Infantil.

O festival de imitacións de grupos e cantantes de distintas épocas subiu ao escenario a 120 integantes de Nydia, de entre 3 e 70 anos de idade, que protagonizaron interpretacións con voz en directo e vistosas coreografías. Na xornada do sábado programáronse dúas funcións (ás 17:30 e ás 20 horas) e, entre as dúas, a recadación pola venda de entradas superou os 2.000 euros. O donativo para presenciar o espectáculo era de 3 euros por persoa.

A cantidade recolectada destinarase íntegramente a financiar proxectos de investigación do cancro infantil a través do colectivo Nico, que toma o nome dun neno de 3 anos de idade de Ourense, diagnosticado de neuroblastoma. Esta asociación instalou, ademais, no Auditorio un stand de venda de obsequios e merchandising coa que recadaron outros 250 para a mesma causa.

20 mar 2019 / 11:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito