Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A estatística nas ciencias da saúde, a análise en Santiago

A capital galega acollerá desde o 30 de xuño o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría

    O II Encontro Galaico-Portugués de Biometría, con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, http://biometria.sgapeio.es/, terá lugar os próximos días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, na capital galega.

    O encontro está organizado pola Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), e é unha continuación de outros dous eventos organizados previos polas dúas sociedades -o IEncontro Luso-Galaico de Biometría, que se celebrou en Braga en xullo de 2013, e o I Encontro Luso-Galaico de Estatística no Medio Ambiente e na Ecoloxía, en Vila Real en novembro de 2014.

    Este II Encontro de Biometría está dirixido a profesionais e usuarios da Estatística, académicos, investigadores e estudantes de doutoramento e máster. O seu obxectivo é difundir os últimos avances no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos na Bioloxía, Medicina, Ecoloxía, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura, Medio Ambiente e outras ciencias da vida.

    O programa incluirá 4 sesións plenarias, 4 invitadas, 1 mesa redonda, comunicacións orais e posters.

    Con motivo da celebración do II Encontro Galaico-Portugués de Biometría, os organizadores deste foro teñen programado o curso Análise de Supervivencia, que se impartira o día 30 de xuño. O prazo de inscrición no congreso e no curso programado permanece aberto. As persoas interesadas poden formalizar a súamatrículaen liña.

    Haberá 3 premios: á mellor comunicación sobre aplicacións en Ciencias da Saúde presentada por un investigador/a novo/a, dotado con 500 euros e patrocinado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade; á mellor comunicación sobre aplicacións en Ecoloxía ou Ciencias do Medio Ambiente presentada por un investigador/a novo/a, dotado con 500 euros e patrocinado pola Cátedra Luis de Camoens Universidad Carlos III de Madrid-Banco de Santander, e ás mellores comunicacións tipo póster, dotados con 300 euros o primeiro e 200 o segundo, patrocinados pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.

    os avances dos grupos galegos

    •••O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC organizou o Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference o 8 e 9 de xuño. Desde que a finais dos 80 e principios dos 90 organizáranse distintos seminarios locais de Inferencia non Paramétrica, liderados polo profesor Wenceslao González Manteiga, na USC, a evolución metodolóxica da Estatística co entornode aplicacións foi moi frutífera. •••Con motivo do 60 aniversario do profesor González Manteiga, director de 30 teses doutorais, organizouse este evento,coa idea de mostrar nunha serie de conferencias os avances que se deron ao longo destes anos e na actualidade nos diferentes grupos de investigación de Estatística en Galicia.

    20 jun 2016 / 21:13
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito