Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SANTIAGO

O excepcional retratista Baldomero Pestana, no Gaiás ata setembro

A exposición sobre o gran fotógrafo galego, organizada pola Consellería de Cultura e o Instituto Cervantes, viaxará a París desde a Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura da capital galega acolle desde onte e ata o 2 de setembro a exposición Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, organizada de forma conxunta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes para recuperar e pór en valor a obra do fotógrafo galego (Castroverde, Lugo. 1917-2015), descoñecido para o gran público, pero un referente da imaxe da segunda metade do século XX.

A mostra sobre Baldomero Pestana, inaugurada onte no Museo Centro Gaiás nun acto no que participaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, chega a Compsotela tras recibir máis de dez mil visitas durante os seus dous meses (desde o 15 de febreiro ata 8 de abril) na sede en Madrid do Instituto Cervantes.

O proxecto está comisariado polo escritor Juan Bonilla e a galega Chus Villar, que estivo presente na inauguración, xunto aos familiares de Pestana, Antonio Polín Pérez e Carmen Rico Coira, responsables dos fondos de máis 17.000 negativos e obxectos persoais como documentos, cartas e cámaras de fotos que se amosan na mostra.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 abr 2018 / 21:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito