Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Éxito da preestrea en Santiago da serie 'Do dereito e do revés'

Actores e equipo técnico desta comedia de TVG xuntáronse na presentación con persoeiros de moitos sectores // Unha idea orixinal para rir en familia cada semana

A preestrea da serie Do dereito e do revés, que tivo lugar onte en Santiago, foi un rotundo éxito despois de xuntar unha morea de felicitacións na presentación cara a súa vindeira chegada á grella da TVG nos primeiros días de decembro.

O Auditorio Abanca de Santiago reuniu á productora executiva, Silvia Carnero, ós actores desta comedia, todo o equipo técnico e persoeiros do eido audiovisual, entre outros asistentes do mundo da cultura, xornalismo, avogacía e outros ámbitos moi diversos de toda Galicia.

Do dereito e do revés é u­nha comedia para público familiar cunha trama moi divertida sobre galegos que precisan un avogado.

Dirixida por Manel Espiñeira, premio Mestre Mateo á Mellor Dirección por Serramoura, ten como protagonistas os intérpretes Víctor Fábregas, Susana Sampedro, Sergio Pazos, Xoel Fernández, Casilda Alfaro, Alberte Montes, Alicia Armenteros e Sabela Hermida, a maior parte deles presentes no acto xunto a outros profesionais da CRTVG, caso de directivos como o director de Contidos, Fernando R. Ojea; a directora do departamento de Organización e Xestión do Cambio, Rosa Vilas; a responsable de Produción Externa, Montse Besada, e o presentador Paco Lodeiro. En representación da CTV asistiu o xefe de Produción, Xosé Arias, excelente profesional do sector.

O coñecido empresario José Ramón García; os ex conselleiros Xesús Palmou e Dositeo Rodríguez coas súas donas; o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa; o xefe de Oncoloxía do CHUS, Rafael López; a deputada e concelleira de Santiago, María Antón; a ex directora xeral de Familia, Teresa Rey; o catedrático de Física, Jorge Mira; o profesor universitario José Manuel Estévez-Saá; o doutor Javier Hernández Pasín; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; os xornalistas Arturo Manerio, presidente da Asociación de Periodistas de Galicia, Xosé Antón Perozo, Ana Peón, Carlos Carballo, Carla Reyes Uschinsky, José Manuel Vila Chantres e Moncho Lemos; o coñecido fotógrafo, autor de Galicia, instante eterno, Carlos Rodríguez; a experta en moda Teresa Abalde; a actriz Isabel Blanco e José María Suárez, de Lua F­ilms, foron algúns dos asistentes a esta preestrea, entre outros convidados.

THINK FIRST E CTV Producida por Think First en colaboración con CTV para a TVG, é idea orixinal de Xosé Cermeño, creador da mítica ficción Pratos combinados, entre outras aindanas de sona no prime time da canle pública galega. Nesta aposta televisión autonómica hai personaxes con oficios e ocupacións que propician un espello social amplo e diverso. Ademais, as tramas desenvólvense en espazos e ambientes pouco vistos na ficción made in Galicia.

HISTORIAS DE ENREDOS Manuel Espiñeira, realizador con prestixio, ten claro para que público é esta serie: “Para todos os que queiran desconectar das súas rutinas, é unha comedia familiar para todos os públicos e idades, onde non morre ninguén, nin hai grandes nin longas intrigas, pero que coas historias e enredos de Do dereito e do revés botarán moitas risas semana tras semana”.

26 nov 2019 / 22:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito