Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
08:23
h

Éxito da quinta edición do salón de automóviles de ocasión en Amio

TURISMO O salón de automóviles de ocasión que se celebrou ate onte domingo en Amio acadou un gran éxito de público. A cita chegaba este ano á súa quinta edición, e congregou á meirande parte dos concesionarios oficiais e as compravendas máis relevantes de Santiago e comarca. O organizador foi Fabián Saavedra. O salón desenvolveuse no Recinto feiral de Amio, o que permitiu que nun só punto se poidera encontrar o vehículo ideal para cada persoa, entre máis de 700 turismos e vehículos comerciais que trouxeron os preto de 20 expositores, formando 16.000 metros cadrados de exposición. Fabián Saavedra, da empresa Dolecer Eventos, destacou o calibre do mesmo e a súa intención de converter Compostela na capital do automóbil. Non en vano "é un sector vital na cidade, onde están presentes prácticamente todas as marcas", que fan medrar ao seu redor outras industrias como a do recambio de pezas, os talleres mecánicos, etc. A falta de datos oficiais, xa a edición anterior contou con máis de 4.000 visitantes.

27 oct 2019 / 21:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito