Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Éxito na celebración da Festa da Augardente de Portomarín

Román Rodríguez foi o encargado de pronunciar o pregón, e na súa intervención destacou a importancia da cultura popular

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado onte de pronunciar o pregón da edición XLIX Festa da Augardente Camiño de auga e soños de Portomarín, nun acto no que tamén foi nomeado membro da Orde da Alquitara. Durante a súa mensaxe o conselleiro desgranou a receita da augardente facendo referencia ao Camiño de Santiago e destacou "a importancia deste produto gastronómico como parte fundamental da cultura popular galega".

Neste sentido, aludiu ao ingrediente principal, o bagazo, "procedente das uvas colleitadas nestas terras da Ribeira Sacra, de viticultura heroica e desde hai uns días, candidata a Patrimonio Mundial da Unesco".

Así mesmo, destacou o labor da localidade lucense que, en palabras de Román Rodríguez, é todo un referente do aproveitamento socioeconómico da ruta xacobea.

"Estamos ás portas da celebración do Xacobeo 2021, e Portomarín é un gran exemplo da nosa mellor tradición hospitalaria e da gran riqueza que xera o Camiño de Santiago", concluíu o conselleiro no acto.


UNHA DATA ESPECIAL Cada Domingo de Pascua, Portomarín fai desta celebración unha xornada chea de actuaciones e degustacións cunha ampla variedade de actividades engadidas e unha listaxe de persoeiros como convidados, mesmo nesta como en edicións previas, todo o cal fai que este evento medre en sona en Galicia e tamén fora.

Nas enquisas do sector, os turistas sinalan sempre que a gastronomía é un dos principais atractivos cara a visitar Galicia. tendencias@elcorreogallego.es

www.elcorreogallego.es

21 abr 2019 / 21:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito