Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
SANTIAGO CAPITAL

Fabricación e creación 4.0 no 'coworking' da Cidade da Cultura

Os seis proxectos do programa Vodafone Connecting for Good Galicia terán 6 meses de axudas da man de Amtega, GAIN, Igape e a Fundación da telefonía

O pasado mes de outubro deu comezo a segunda edición do programa Vodafone Connecting for Good Galicia, que ten como finalidade apoiar a aqueles emprendedores que contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia. Deste xeito, os seis proxectos participantes na edición deste ano están orientados a buscar solucións tecnolóxicas a temas relacionados coa accesibilidade, a creación e fabricación 4.0, a formación interactiva, a mediación social, a tecnoloxía biométrica e a contribución ambiental.

Entre os beneficios que recibirán os proxectos por formar parte desta iniciativa, destaca que as empresas accederán a sesións de formación e mentoring, cofinanciado pola Amtega, de polo menos seis meses, durante os cales se impartirán sesións sobre modelo e plan de negocio e contarán con asesoría experta en temas de comunicación, vendas, negocio e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado para cada proxecto. Ademais, dispoñerán dun lugar de traballo no espazo Vodafone Connecting for Good, situado na Cidade da Cultura.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

29 nov 2017 / 21:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito