Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Fantasmas de luz’ denuncia da crise e a homenaxe ao cine

Fernández Paz traza no seu novo libro, editado por Xerais, unha parábola da exclusión social

    O escritor lucense Agustín Fernández Paz presentou onte en Santiago a súa última novela, Fantasmas de luz (Xerais), unha obra na que mestura elementos cinematográficos coa crítica á "exclusión social" motivada polo paro. Nunha obra de "enorme actualidade", Fernández Paz describe o drama dunha parella despois de que o marido perda o seu traballo como operador de cabina nun cinema e é, ao mesmo tempo e segundo o autor, "unha crítica cara ao desastre que está a provocar o capitalismo".

    REALISMO FANTÁSTICO. Ao igual que noutras obras de Fernández Paz, o escenario realista se tingue a continuación cun elemento fantástico, que neste caso é a "invisibilidade" dos protagonistas, a cal fai alusión á "exclusión social" da que son vítimas as persoas "a medida que perden a súa función social".

    Ao igual que noutras obras de Fernández Paz, o escenario realista se tingue a continuación cun elemento fantástico, que neste caso é a "invisibilidade" dos protagonistas, a cal fai alusión á "exclusión social" da que son vítimas as persoas "a medida que perden a súa función social".

    O protagonista da obra, Damián, tras perder o seu emprego, comeza xunto coa súa muller a volverse transparentes, "invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu arredor".

    (Más información en El Correo Gallego)

    19 dic 2011 / 20:09
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito