Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

'Fantasmas de luz', unha nova homenaxe ao cinema

Fernández Paz critica os males da globalización neoliberal e proclama un mundo novo que rexeite a invisibilidade

    Coa presentación de Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) púxolle o broche a un exitoso ano 2011, no que publicou a súa primeira novela para o público adulto, Non hai noite tan longa, e seguiu afagando o lectorado autónomo con Corazón de pedra, ademais de ser merecente do VII Premio Iberoamericano SM, que recoñece a súa traxectoria na LIX.

    Fantasmas de luz é unha suxestiva narración que dialoga en múltiples aspectos co conxunto da produción literaria do escritor vilalbés, á vez que evidencia as nefastas consecuencias do capitalismo desde a caída do muro de Berlín.

    Malia levar 35 anos traballando como operador de cabina de proxección da sala Soñadores, Damián seguía fascinado polo cinema, unha afección compartida por Fernández Paz, que xa lle fixera unha homenaxe á sétima arte en Amor dos quince anos, Marilyn (1995).

    Más información en El Correo Gallego

    23 ene 2012 / 21:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito