Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 26 octubre 2020
02:22
h

O fogar da estrela de Manuel Antonio

A casa-museo do poeta do mar amosa en Rianxo o Pacto de Sangue que firmou sendo un neno para falar sempre galego// As fotos do seu curmán permiten coñecer a vila dos anos vinte

A Casa Museo de Manuel Antonio, en Rianxo, foi o primeiro enclave que abríu ao público do proxecto Academia Literaria de Rianxo, consistente na musealización e posta en valor das casas de Manuel Antonio, Castelao e Rafael Dieste.
Trátase da casa natal do poeta, sita na rúa de Abaixo, na que vivíu ata os dous anos e na que pasou frecuentes tempadas ao longo da súa curta vida. No inmoble consérvase diverso mobiliario e expóñense, a través de audiovisuais e orixinais, documentos e obxectos persoais, así como referencias ao contexto vital e socio-político do autor.
Os tres andares achéganse á figura e á época de Manuel Antonio. No baixo móstrase o Rianxo dos anos 20 mediante unha escolma de fotos antigas realizadas por Xosé Pérez, curmán de Manuel Antonio. No primeiro e segundo andar exponse a vida e obra de Manuel Antonio, xunto con referencias á época na que viviu, tanto dende o punto de vista político como literario e social.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 may 2016 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito