Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
TESTIGO DE CARGO

Foi un pouco romper o de que podiamos

    Do partido fronte ao Valladolid recordo, claro, que foi o noso primeiro triunfo en Primeira. E tamén o gol, nunha xogada habitual que tiñamos entre Chris Ohen e eu. Habitual, e que volveu saír ben. Pero o importante foi gañar, para todo o grupo era un pouco romper o de que podiamos: despois de non gañar na casa no partido fronte á Real e de empatar en Oviedo, o certo é que tiñamos esas dúbidas de se podiamos facelo ou non: a partires de aí demostramos que se podía, o primeiro triunfo deunos moita confianza para seguir cara adiante para facer cousas importantes na Primeira División.

    Sete días antes empataramos en Oviedo con moitas dificultades. Aquel partido non tiveramos moitas ocasións de gol, salvo ao final, e estivemos moito tempo repregados atrás: nos primeiros partidos costounos un pouco saber onde estabamos, e gañar era importante.

    No gol noso recordo que interceptei un balón que viña da defensa deles, que trataban de saír xogando. Chris Ohen fixo o movemento e paseilla por diante ao espazo, e el chegou e a meteu. Iso Ohen facíao moi ben, facía uns movementos curtos cos que sempre gañaba as costas dos defensas, quedaba de fronte cara o porteiro e despois marcaba.

    Tamén recordo moi ben unha xogada que fixo Fabiano, un regate que lle fixo a Belodedici, unha ruleta que rematou co defensa deles no chan tras pisar o balón e cruzar os pés Fabiano, que marchou coa pelota. Foi unha xogada moi comentada.

    O partido fronte ao Valladolid foi importante. Tivemos que sufrir na segunda parte para aguantar o resultado, pero a clave foi que ao final marchamos co triunfo e iso deunos moita moral para afrontar o resto da tempada.

    * Exjugador de la SD

    29 mar 2020 / 18:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito