Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
o 26 de febreiro

Frades organiza unha xornada sobre oportunidades de negocio do sector forestal

Falarase do futuro da biomasa, da certificación de xestión forestal e do cultivo do eucalipto

    O Concello de Frades organiza unha xornada sobre oportunidades de negocio no sector forestal, que terá lugar o mércores 26 de febreiro, ás 16:30 horas, no multiúsos do municipio. Unhas xornadas de participación totalmente libre e de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

    A charla, que será impartida por técnicos e especialistas da Asociación Profesional de Selvicutores de Galicia (Silvanus) e de ENCE, xirará en torno a tres temas principais. En primeiro lugar falarase da Certificación de Xestión Forestal, xa que garante que ese espazo é acorde aos indicadores de sostenibilidade forestal da UE tanto a nivel ecolóxico como a nivel social e económico.

    Os técnicos de Silvanus explicarán que a xestión forestal sostible nos montes galegos vén sendo unha actividade que tería maior envergadura, no caso de traballar con superficies de maior entidade, onde poder diversificar as producións. Para conseguilo, sería preciso preciso agruparse e acadar explotacións que cumpran os tres itens da ordenación de montes: a persistencia da masa, a rendibilidade económica e o máximo de usos (non soamente a produción madeireira, senón tamén a produción de cogomelos, o uso recreativo do monte, o uso cultural, etc). Deste xeito, contribúese a reducir o abandono do monte galego.

    Así mesmo, falarase sobre o cultivo e xestión sostible e rendible do eucalipto. Un punto no que os veciños de Frades aprenderán que, como, onde e cando plantar; cando cortar e como coidar o monte para que sexa máis produtivo. Finalmente, analizaranse as oportunidades de desenvolvemento que ofrece a biomasa forestal para o medio rural galego. De feito, o aproveitamento da biomasa en forma de madeira, leñas e outros produtos cobrou nos últimos anos un novo protagonismo debido ao seu emprego como fonte de enerxía renovable.

    28 ene 2014 / 09:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito