Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Francisco Villaverde, elixido por unanimidade novo secretario xeral da Agrupación Socialista de Ames

Villaverde aposta por achegar máis o partido aos veciños e veciñas de Ames

A Agrupación Socialista de Ames vén de elixir esta fin de semana a súa executiva local, que estará encabezada por Francisco Villaverde Marcos coma secretario xeral. Francisco Villaverde conta cunha intensa traxectoria política nesta comarca e ten un gran coñecemento da realidade de Ames, onde os últimos catro anos exerceu como concelleiro de Cultura e Deportes. Ademais, estivo durante dezaseis anos como alcalde de A Baña e foi deputado provincial do 1991 ao 1995.

O novo secretario xeral dos socialistas de Ames explica que “as peticións dos meus compañeiros de partido e o meu compromiso e responsabilidade co grupo socialista e cos veciños e veciñas de Ames animáronme a afrontar este reto”. Entre os desafíos que se lle presentan a Francisco Villaverde figuran incrementar a relación cos veciños e veciñas de Ames, para o que aposta polo desenvolvemento dunha Executiva ampla e que implique o maior número de opinións e de ideas.

Sen embargo, Villaverde recoñece que “o noso primeiro reto son as eleccións autonómicas, onde temos a ocasión de conseguir un cambio no goberno de Galicia”. Para conseguilo, Francisco Villaverde aposta por achegarse aínda máis non só ao tradicional electorado socialista, senón a todas as forzas vivas de Ames. “Trasladarémoslles a ilusión dun novo equipo e dun novo proxecto para que o Concello de Ames conte co nivel de recoñecemento é actividade de fai catro anos”, adianta o novo secretario xeral dos socialistas amienses.

Este cambio na estrutura da Agrupación Socialista de Ames non alterará a composición do grupo municipal socialista no Concello, que seguirá cos mesmos integrantes e con José Miñones coma voceiro municipal.  Francisco Villaverde explica que “cuestións persoais e laborais de José Miñones non lle permitían ofrecer a dedicación que implica a Secretaría Xeral duna agrupación como a de Ames, polo que preferiu deixar estas tarefas nas mans doutro compañeiro que si poderá estar nas reunións e nas actividades que se presentan ao longo do ano. É unha aposta por achegar máis o partido aos veciños e veciñas de Ames”.

A nova Executiva Local da Agrupación Socialista de Ames queda do seguinte xeito:

Secretario Xeral: Francisco Villaverde Marcos
Vicesecretario Xeral: Manuel Paz Paz
Secretario de Organización: Gustavo Enrique Nieto Santiago
Secretaría de economía, emprego e xuventude: Patricia Conde Lois
Secretaría de política municipal: José Francisco Doval Galán
Secretaría de políticas sociais e igualdade: Isabel González Cancela
Secretaría de cultura e educación: Álvaro Fernández Real
Secretaría de coop., emigración-inmigración: L. Ernesto Lisson Verastegui
Secretaría de novas tecnoloxías: José Miñones Conde
Secretaría de formación: Eva María Tomé Sieira
Secretaría de acción electoral: Elisa Suárez Vázquez
Secretaría de prensa e comunicación: José Blas García Piñeiro
Secretaría de infraestrutura electoral: Jesús Gallego Negreira
Secretaría de afiliación: Susana Señorís Rodríguez.

Delegados aos comités

Durante a Executiva, a Agrupación Socialista de Ames tamén elixiu aos seus delegados aos comités Provincial e Nacional. Os catro delegados elixidos para o Comité Provincial son: Isabel González Cancela, Patricia Conde Lois, Álvaro Fernández Real e Manuel Paz Paz. Os tres delegados para o Comité Nacional Galego son: Francisco Villaverde Marcos, Eva María Tomé Sieira e  Emilio Garrido Moreira.

17 sep 2012 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito