Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
EDITORIAL

Fundación Rosalía, dinámica e necesaria

    UN TESOURO PARA GALICIA Quizais sexa Galicia o único país do mundo que ten unha muller no cume do seu sistema literario. Galegas e galegos convivemos, desde sempre, con esa gozosa excepción: a de termos unha escritora que representa a voz máis alta do noso idioma, o galego, que medra día tras día nas ás dos seus versos. Divulgar a figura de Rosalía, desprendela de tópicos e afondar na súa figura e obra desde un punto de vista científico é, segue a selo, un reto para a sociedade galega contemporánea e, por que non, unha obriga. Gran parte dese labor realízao, da man de Anxo Angueira, a Fundación Rosalía de Castro, unha entidade histórica, comprometida co que significa a escritora nacional. A restauración modélica da Casa-Museo de Padrón, unha gran exposición ou a manchea de actividades e congresos do sesquicentenario de Cantares gallegos son só algúns dos máis novos fitos desta fundación, tan dinámica como necesaria.

    22 mar 2014 / 21:24
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito