Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
estaba ingresado dende o día 22

Galicia despide hoxe a Díaz Pardo, un xigante da cultura

Falece en A Coruña ós 91 anos o intelectual e galeguista // Estivo en contacto cos personaxes máis importantes da cultura e a política galega // Artista polifacético, foi, entre outras actividades, pintor, ensaista, ceramista e empresario // Obtivo numerosas distincións e recoñecementos, entre eles o Gallego del Año de 1992, que entrega o Grupo Correo Gallego

O intelectual galeguista, pintor, ceramista e deseñador Isaac Díaz Pardo faleceu este xoves aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do hospital coruñés, o intelectual galeguista, que naceu en 1920 en Compostela, faleceu na mañá deste xoves no centro hospitalario e os seus restos mortais serán trasladados ao tanatorio Servisa, na cidade herculina.

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e a súa educación estivo marcada polo contacto con destacados intelectuais galleguistas do momento, como Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, e Vicente Risco.

Participou dende 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Cultivou, entre outras, o ensaio e a crítica, ademais de dedicarse á pintura e outra facetas.

Pola súa  dilatada traxectoria recibiu numerosas distincións e recoñecementos como o  Gallego del Año (1992), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidadede Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Diputacións Provinciales (1990), Insignia de Ouro (1991) y Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba de la Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Plata del Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995) y en 2009 la Medalla de Ouro al Mérito nas Bellas Artes de España, entre otras.

05 ene 2012 / 09:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito