Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
mulleres na ruta xacobea (IV)

Georgiana Goddard King, a primeira norteamericana no Camiño

En 2020 The Way of Saint James, a súa emblemática e pioneira obra, cumpre 100 anos // King usa os medios de transporte habituais naqueles tempos: a pé, en mula e dilixencia // Edith Wharton, Linda Kay Davidson e Maryjane Dunn, son clave do Camiño en EE.UU. e Canadá

En 2020 cúmprense cen anos da publicación de The Way of Saint James, da historiadora norteamericana Georgiana Goddard King (1871-1939). É a primeira obra que percorre paso a paso o Camiño de Santiago desde Francia a Compostela, coas prolongacións a Fisterra, Muxía e Padrón, e a primeira que o fai con criterio científico. É tamén a primeira en calquera idioma que ten ese título hoxe tan presente en multitude de publicacións, de O Camiño de Santiago. E, por suposto, é a primeira obra escrita por unha muller dedicada á ruta xacobea, e a propia King, a primeira peregrina coñecida de orixe non europeo.

Promovida pola Hispanic Sociaty de Nova York, entidade filantrópica de promoción da cultura española, e composta por tres tomos con fotografías, The Way of Saint James publicouna en 1920 a editorial G. P. Putnam's Sons, con sedes en Nova York e Londres. Ten un total de 1.700 páxinas.

Reeditada en 1980 tamén en Nova York, é xa un clásico do renacer do Camiño no século XX. Neste sentido, segue pendente a edición en galego e español. A obra ten recibido algunha distante crítica por algunha que outra arriscada teoría que propón, con base documental en calquera caso, e está superada pola investigación en certos aspectos. Con todo, segue sendo dunha calidade e un rigor que sorprende pola carácter pioneiro e polo momento no que foi escrita. Ademais, ten un absoluto valor etnográfico e histórico ao situarnos in situ no alborexar do Camiño contemporáneo coas súas xentes, costumes, rutas, arquitectura, lendas, etc.

Un encargo para escribir doutra cousa. King chegou a España para realizar un gran libro sobre as fontes e influencias do románico e o gótico peninsular. Pero estando nisto descobre o Camiño de Santiago e queda marabillada. Cambia de obxectivo e o excepcional e auroral resultado será o que aquí comentamos.

Elaborou este traballo entre 1912 e 1917. No verán de 1912 fixo a ruta xacobeaporFranciaataBurgose en 1913, o Camiño Francés desde a urbe burgalesa. Sempre tomando notas, recompilando documentación e realizando fotografías.

En 1915 recorreu Santiago, Padrón e oCamiñodeFisterra e Muxía, daquela totalmente esquecido. Acompañouna na viaxe a súa amiga Jehane, que tomou numerosas e tamén pioneiras fotos da ruta para a futura publicación, completadas coas da propia King. A súafontedocumental de partida foi a guía medieval doperegrinodoCodex Calixtinus(s. XII).

King usa os medios de transporte habituais naqueles tempos: a pé, en mula e dilixencia. No Camiño vive moitas anécdotas e descubre, visto desde a perspectiva actual, un mundo xacobeo aínda cun levísimo y distante latido, malia que se refira a el en pasado.

O primeiro tomo deThe Way ofSaint Jamesdedícase á historia das peregrinacións xacobease aoCamiño FrancésentreFranciae Burgos. Osegundo abarcadesde BurgosaSantiago.

O terceiro contén unha descrición deCompostelae a súa Catedral e presenta como gran novidade a citada ruta aFisterra e Muxía. Completan a obra unha serie de reflexións sobre a ruta xacobea no País Vasco e Navarra, os apéndices e unha ampla bibliografía, especialmente coidada e reveladora no presente.

Outras pioneiras norteamericanas. Non me resisto a comerlle algo de espazo á admirable King para deixar constancia doutras tres grandes peregrinas norteamericanas pioneiras. Un tan breve como necesario acto de xustiza.

A primeira é Edith Wharton (1862-1937), autora da celebérrima novela A idade da inocencia. En 2011, grazas a un estupendo libro da USC, descubrimos as súas viaxes polo Camiño en coche en 1925 e 1928 e os textos que escribiu ao respecto. Varias das súas frases son tan poderosas que serían un slogan de impacto en calquera campaña de promoción da ruta xacobea.

As outras dúas, Linda Kay Davidson e Maryjane Dunn, son figuras clave do Camiño en Estados Unidos e Canadá. Ambas peregrinaron a pé desde Francia por primeira vez en 1974.

Linda, falecida en 2017 con 71 años, guiou grupos de estudantes norteamericanos polo Camiño desde os anos setenta ata finais dos noventa. Foi ademais promotora do tan decisivo asociacionismo xacobeo en Estados Unidos e Canadá e autora de varias obras de referencia na investigación e divulgación do Camiño.

Dunn, tamén peregrina pioneira e investigadora xacobea, leva vinte anos preparando a edición do Codex Calixtinus en inglés. Un traballo monumental en cinco tomos, e xa publicado en parte, que facilitará a mellor difusión do gran libro histórico do Camiño naqueles países onde por motivos idiomáticos aínda non o logrou.

Algún día se deberá estudar en profundidade a excepcional achega estadounidense, tanto feminina como masculina, ao universo xacobeo desde primeiros do século XX. Georgiana G. King foi só a visionaria do primeiro paso. Digo isto, porque nada empezou naquel país coa bastante digna película The Way, de 2010.

Promovida pola Hispanic Sociaty de Nova York, entidade filantrópica de promoción da cultura española, 'The Way of Saint James' publicouna en 1920 a editorial G. P. Putnam's Sons, con sedes en Nova York e Londres.

King chegou a España para realizar un gran libro sobre as fontes e influencias do románico e o gótico peninsular. Pero estando nisto descobre o Camiño de Santiago e queda marabillada.

08 ago 2019 / 22:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito