Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gran éxito da festa polo 50 aniversario da libraría Couceiro

Segundo o seu creador a chave para sobrevivir estivo na evolución e na especialización

As diferentes actividades programadas que organizou onte a libraría Couceiro para celebrar o seu 50 aniversario gozaron dunha grande afluencia de público. Así, asistiron a estes festexos, entre outros, o alcalde de Santiago; Goretti Sanmartin vocería do grupo municipal do BNG, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Dende o emblemático establecemento agasallaron a todos os asistentes cun boliño de pan e un exemplar de Picadillo. Ademáis desfrutaron das diferentes actuacións musicais e literarias que houbo na praza de Cervantes. Durante todo o mes de marzo a libraría fai un 5 por cento de desconto ás persoas que merquen nela. O fundador deste negocio, Xesús Couceiro Rivas, abreu o primeiro local na rúa de San Pedro. A chave para o dono, foi a "evolución" e a "especialización" para poder adaptarse aos novos tempos e á demanda dos clientes. Non teme ao que está por vir e pronostica que "as librarías pequenas probablemente teñan máis futuro que os grandes monstruos".

Dende o comezo en San Pedro, pasou por distintas rúas de Santiago como República do Salvador e polo Hórreo. Despois establecéronse definitivamente na praza de Cervantes, onde xa levan doce anos, e na que decidiron centralizar toda a su actividade.

"A tenda sempre estivo en evolución continua", explica, e afirma que non considera que o libro en papel estea en retroceso. O fundador vaticina "futuro para outros dous mil anos, polo menos".

santiago@elcorreogallego.es

*Ver video en www. correotv.es

09 mar 2019 / 22:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito