Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Gran implicación dos galegos cun modelo turístico que garante a sustentabilidade

PARA NENOS A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou onte o CPR Casa do Neno, en Santiago, para coñecer o proxecto Unha guía pensada por e para nenos, realizado polos alumnos de primeiro de Educación Primaria.

A responsable de Turismo salientou a implicación por parte dos galegos cun modelo turístico que aposta pola calidade e garante a sustentabilidade.

A Estratexia do turismo de Galicia 2020 dedica toda unha liña á sensibilización sobre o turismo como motor de desenvolvemento, posto que supón o 11 % do PIB da comunidade e o 12 % dos postos de traballo. En concreto, a estratexia, consensuada entre a administración e os axentes implicados, traballa para fomentar a concienciación entre as xeracións máis novas da importancia do turismo, como fai o proxecto Unha guía pensada por e para nenos.

Nava Castro agradeceu o esforzo e valorou a creatividade dos alumnos, que a través de códigos QR achegan vídeos de cada un deles onde falan dos seus monumentos favoritos.

Como parte deste labor, vese preciso potenciar o rol da sociedade galega no noso turismo, como viaxeiros ou anfitrións.

27 abr 2018 / 00:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito