Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A historia numismática galega, a debate na USC

Fernando Acuña e Pegerto Saavedra participan hoxe nas Xornadas Internacionais sobre a moeda en Galicia

Seguramente os estudos sobre a historia monetaria de Galicia terán un punto de inflexión nas xornadas que até hoxe se celebran no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Os encontros pretenden constituír un punto de partida no estudo desta disciplina, coa presenza de expertos procedentes de distintos puntos de España e Europa.

Hoxe mércores, ás 10 horas, e baixo o epígrafe global A moeda moderna en Galicia, intervirá o profesor da Universidade de Santiago, da Facultade de Xeografía e Historia, L. González Lopo, que falará sobre Os problmeas problemas monetarios da Monarquía hispánica no s.XVIII. Na mesma sesión de mañá, o catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago analizará A fiscalidade real na Galicia do Antigo Réxime", previamente á mesa de debate que comezará ás 13 horas da tarde.

Logo dunha pasa, ás 16 horas, reanúdanse as sesións cuna ponencia do enxeñeiro químico e doturando da UMA, J. M. Compana, que disertará sobre Técnicas instrumentais aplicadas á metalurxia numismática: posibilidades e limitacións. Logo dunha mesa de debate que principiará ás 17 horas, o catedrático de Numismática e Epigrafía da Universidade de Santiago, Fernando Acuña Castroviejo, encargarase de pronunicar a lección de clausura, baixo o título A Numismática en Galicia: onte, hoxe e mañá.

Na sesión do congreso celebrada onte participaron tamén varios expertos internacionais, a falaren sobre a moeda bárbare de Gallaecia. Entre os ponentes figuraron o alumno da Universidade de Santiago Francisco Cebreiro Ares -cunha aproximación á moeda sueva- e a doutora pola Universidad de Sevilla Ruth Pliego, quen falou sobre as emisións monetarias en Gallaecia nos tempos do Reino Visigodo de Toledo. O presidente da Societat Catalana d'Estudis Numismàtics, Miquel Crusafont, e os investigadores Xavier Xanahuja e Antonio Roma pecharon a xornada de onte, antes do debate

05 may 2010 / 01:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito