Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe a Antonio Fraguas nestes festivos en O Carballiño e Mondoñedo

FALAREDES O FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará dúas paradas esta ponte de Semana Santa coa actividadeCanta, miña pedra, canta.

A primeira cita estaba prevista para onte, no Carballiño, cunha función na praza Maior da vila, ás 19.00 horas, e que en caso de choiva sería trasladada ao Auditorio Municipal.

E na xornada de mañá, Xoán Curiel e Charo Pita emprazarán as familias mindonienses na Casa da Xuventude, a partir das 18.30 horas da tarde.

Canta, miña pedra, cantaé a nova actividade que ten en carteleira esta primavera o FalaRedes 2019. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita son os encargados de achegarlle ás familias a obra de Antonio Fraguas, intelectual ao que este ano a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio.

O espectáculo combina narracións tradicionais antigas coas cantigas populares que o homenaxeado no Día das Letras desta edición recolleu nun dos seus libros máis significativos: o tituladoAportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

18 abr 2019 / 23:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito