Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe de Cabreiroá a Rosalía de Castro no seu 175 aniversario

A marca de auga mineral presenta a edición especial de botellas que conmemora o nacemento deste referente cultural da nosa terra

A Fundación Rosalía de Castro celebra este próximo ano 2012 o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. O primeiro dos actos previstos para conmemorar esta efeméride foi a presentación esta mañá da edición especial de Cabreiroá que pretende reflexar e divulgar a figura deste referente cultural da nosa terra.

Trátase dunha homenaxe da marca de auga mineral a Rosalía de Castro que contribuíu coa súa labor ó rexurdimento das letras galegas. A súa obra forma parte xa do patrimonio de todos os galegos e supón un exemplo de vangarda, na liña da estética e a filosofía de Cabreiroá.

A presentación celebrouse na Casa Museo de Rosalía na localidade de Padrón e contou coa presenza de Helena Villar Janeiro, Presidenta da Fundación Rosalía de Castro. Na súa intervención, Helena Villar agradeceu "a xentileza de Cabreiroá de levar a cabo esta iniciativa aberta ao mundo coma a propia Rosalía". Unha iniciativa "de vangarda" como afirmou e que "representa fielmente a imaxe da escritora que sempre tivo presente á agua nos seus poemas", engadíu.

Pola súa banda, Juan Paz, Brand Manager de Cabreiroá, suliñou o compromiso da marca co desenvolvemento de Galicia e o seu apoio a iniciativas que fomenten a divulgación da nosa cultura. Neste senso, afirmou que para a marca de auga mineral é unha gran satisfacción formar parte dos actos de celebración do aniversario da escritora galega e agradeceu a colaboración e a labor da Fundación en prol do coñecemento da súa obra.

Deseño de vangarda para unha escritora de vangarda

A botella de Cabreiroá é de formato litro e medio e ten un atractivo deseño estilo pop-art co rostro da escritora en cores vivos e un lema representativo da súa filosofía como artista que ven dun dos seus poemas: "Infeliz el que vive sin soñar". Esta xoia en forma de botella ven acompañada dun marcapáxinas co que poder disfrutar da lectura da súa obra. A nova edición especial en homenaxe á escritora galega poderá adquirirse a través da páxina web de Cabreiroá a partir do próximo xoves, día 1 de decembro.

29 nov 2011 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito