Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Homenaxe da RAG o día 1 a Sebastián Martínez-Risco

Xuíz e avogado de prestixio, mantivo tamén unha intensa actividade cultural

    Santiago. A Real Academia Galega (RAG) celebrará o vindeiro mércores, 1 de febreiro, unha homenaxe ao xurista e presidente da institución Sebastián Martínez-Risco (Ourense, 1899–A Coruña, 1977) nos corenta anos do seu pasamento. O acto, aberto ao público e organizado en colaboración coa Irmandade Xurídica Galega, terá lugar na sede coruñesa da RAG, a partir das 19.30 horas. Intervirán Xosé Ramón Freixeiro Mato, biógrafo de Sebastián Martínez-Risco e profesor da Universidade da Coruña; Consuelo Castro Rei, membro da Irmandade Xurídica Galega; a actriz Isabel Risco, neta do académico; o membro de número da Academia Xosé Luís Franco Grande, e o presidente da mesma, Xesús Alonso Montero.
    Nado no seo dunha familia de fonda identidade galeguista (era sobriño de Marcelo Macías e curmán de Vicente Risco), Sebastián Martínez-Risco foi xuíz, avogado e escritor.
    Como xurista, destacou como unha das figuras máis sobranceiras no ámbito do Dereito civil especial de Galicia. No campo do dereito destacou como ensaísta, faceta que desenvolveu habitualmente en galego.
    O exercicio profesional non lle impediu intensificar a súa actividade cultural. Participou no proxecto da fundación da editorial Galaxia e presidiu a RAG entre 1960 e 1977.

    27 ene 2017 / 18:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito