Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os hospitais da Coruña e Vigo terán tantos alumnos de 6.º como o CHUS

A descentralización refórzase o curso que vén con docencia clínica de Medicina nos centros sanitarios das sete cidades

    O preacordo de colaboración na docencia do grao de Medicina asinado antonte polos tres reitores e os conselleiros de Sanidade e Educación, que blinda a exclusividade da titulación en Galicia para a Universidade de Santiago de Compostela (USC) pero que lle abre as portas ao profesorado das outras dúas universidades galegas, terán consecuencias ben visibles en só uns meses. Segundo a planificación prevista, a descentralización da formación clínica recibirá un importante pulo xa o curso que vén, aliviando a saturación neste sentido do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS).

    O complexo sanitario da capital galega recibirá así 80 alumnos do 6º e último curso, volcado na práctica clínica, ao igual que os complexos hospitalarios da Coruña (Chuac) e Vigo, explica o decano de Medicina, Juan Gestal.

    Os tres grandes complexos hospitalarios repartiranse así por igual parte do alumnado do último ano de Medicina, mentres que outros dous complexos ata agora cunha participación case anecdótica na formación clínica, os de Lugo e Ourense, pasarán a facerse cargo de entre 20 ou 30 estudantes, unha cifra que dependerá nestes casos da demanda do propio estudantado.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    30 abr 2015 / 22:02
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito