Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Impulsan a segunda fase para conquerir a declaración de Reserva Mundial de Surf

    Carballo. A Deputación da Coruña, os concellos e o sector iniciaron a segunda fase da candidatura de Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf. O primeiro paso será declarar o territorio como reserva local, tal e como acordaron onte en Carballo nun encontro presidido polo vicepresidente provincial, Xosé Regueira.

    Ademais, na reunión decidiuse iniciar un foro de sensibilización dos valores dos ecosistemas e as ondas da Costa da Morte, e botar a andar unha campaña de divulgación dos valores do surf nos centros de ensino dos concellos implicados na iniciativa.

    A candidatura enfróntase agora á fase definitiva do proceso para o que conta cun dos seus principais activos: a implicación de máis de trinta representantes tanto de institucións como de entidades privadas, que traballan conxuntamente para que o obxectivo se faga realidade.

    A entidade Save the Waves, que é quen decide, require a presentación dun proxecto polo miúdo antes do fin do ano, no que xa están traballando, máis tamén estudar as formas para dar viabilidade a curto e longo prazo para desenvolver Costa da Morte como destino sustentábel de surf.

    24 oct 2019 / 20:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito