Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Inauguran no museo Marea a mostra 'O océano que nos une', dispoñible ata o 14

PORTO DO SON O Museo Marea de Porto do Son acolle desde onte a exposición O océano que nos une, a mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Os dez paneis informativos estarán abertos ao público ata o 14 de xullo, de martes a domingo en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.30 a 19.30 horas. A benvida do acto de inauguración correu a cargo de Luis Oujo, o alcalde sonense, mentres que Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, foi a encargada de realizar unha presentación da rede REMA, na que explicou as liñas xerais do proxecto Morada Atlántica e salientou as características máis notables de todos os espazos que actualmente forman parte deste grupo de salas expositivas. Pola súa banda, o técnico de xestión do Marea, José Manuel Vázquez, afirmou que, xunto coa mostra, tamén se poderán ver os elementos destacados no panel deste espazo e fixo fincapé na necesidade de "visibilizar os servizos dos pequenos museos locais a prol da investigación e divulgación dos territorios onde se asentan". O océano que nos une percorrerá ata novembro a costa de Galicia con mostras temporais.

04 jul 2019 / 22:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito