Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Inculcan ós rapaces noieses os valores do cooperativismo

Alumnado do Felipe de Castro participou nunha actividade organizada pola Agaca // Falaron sobre nutrición saudable

Estudiantes de 4º de primaria do colexio noiés Felipe de Castro participaron onte na actividade Almorzos Cooperativos, impulsada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, onde destacou a importancia de promover os valores da Economía Social entre os escolares. Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego, e José Montes, presidente de AGACA, acudiron á xornada.

A iniciativa consistiu nunha sesión teórico-práctica, na que se reforzaron os coñecementos sobre unha alimentación saudable que se completou coa degustación dun almorzo equilibrado con froita, leite e pan con aceite; explicouse o cooperativismo a través de xogos deseñados para promover o traballo en grupo; e repartiuse material didáctico sobre a produción alimentaria e a nutrición.

Ademais, Agaca e a Rede Eusumo poñen en marcha un concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria para fomentar a escritura e promover o interese polo cooperativismo. Os centros interesados en participan poden consultar a información en www.agaca.coop.

Covadonga Toca amosou o apoio da Consellería a este tipo de accións e lembrou que a Xunta ten en marcha a Estratexia Galega da Economía Social que, ata 2021, activará 25 medidas co obxectivo de xerar 3000 empregos e crear 300 novas entidades.

07 feb 2020 / 20:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito