Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
INVITADA ESPECIAL

Institutos de Ames, contra o machismo

    Obra e coloquio con m­ontse fajardo o vindeiro luns. Alumnos dos institutos amesáns asistirán a unha representación do espectáculo Invisibles, con Redrum, sobre violencia machista grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello. Deste xeito, o vindeiro luns chegará (11.00 horas) ata o auditorio da casa da cultura de Bertamiráns dita posta en escena, á que seguirá un coloquio posterior coa xornalista e autora da obra, Montse Fajardo. Invisibles é unha adaptación da súa novela homónima, que dirixe Marián Bañobre e relata varias historias reais de violencia de xénero vividas por sete galegas. Está coproducida polo Centro Dramático Galego, considerándose a gran triunfadora nos Premios de Teatro María Casares 2019.

    { NON HAI DÍASEN RUXE-RUXE }

    sube o ton na política amesá.O PSOE amesán solicita que os membros da oposición do PP rebaixen o ton e acepten a súa derrota electoral, criticando por exemplo que un membro da súa lista alegase ao límite do prazo contra a suba do IBI, ou que os edís desta formación non queiran -sempre ao seu xuizo, porque os de Argibay negan a maior- recoller as convocatorias do pleno. Pero o curioso é que se poña sobre a mesa a diferencia de 800 votos coa que superaron aos populares, o que, din, lles deu "a responsabilidade de goberno". Claro, o que non citan é que o rexedor igualmente asumiu o poder en 2015... tamén en minoría, e por riba con oito sufraxios menos.

    14 feb 2020 / 20:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito