Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Interconecta 2 sumará 210 millóns en innovación

O Goberno galego será o único que porá en marcha unha nova edición do programa // En 2011 beneficiáronse 106 empresas

Galicia converterase na única comunidade que fai unha nova edición do programa Feder Innterconecta, deseñado para mobilizar e obter a máxima rendibilidade dos recursos de Fondo Tecnolóxico Europeo, co incentivo do cofinanciamento dos proxectos por parte da Xunta.

O Goberno galego vén de anunciar unha segunda convocatoria deste programa, que conta co cofinanciamento da Consellería de Economía e Industria, para financiar proxectos de alto impacto que impliquen a colaboración entre empresas e centros de coñecemento galegos. Deste xeito, coas dúas edicións do Innterconecta porase ao dispor da innovación na empresa galega unha suma de máis de 105 millóns de fondos públicos, que permitirán unha mobilización total de investimentos que poderá superar os 210 millóns de euros. 

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

14 jul 2012 / 17:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito