Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 12 abril 2021
01:17
h
CIENCIA

Investigadores da UDC, premiados pola Sociedad Científica Informática

A Sociedad Científica Informática de España vén de premiar, xunto coa Fundación BBVA, a dous investigadores da Universidade da Coruña. O catedrático da Facultade de Informática Ramón Doallo Biempica obtivo o Premio Nacional de Informática e o investigador David Vilares Calvo foi premiado na categoría de Novo Investigador Informático. Este xurado premiou a Doallo na modalidade Aritmel polas "súas sobresaíntes aportacións á arquitectura e tecnoloxía de computadores ao longo da súa traxectoria investigadora, así como pola súa intensa actividade de transferencia dos resultados ao sector empresarial e o seu recoñecido liderado científico". Pola súa banda, Vilares foi distinguido "polas súas destacadas contribucións á investigación en técnicas e algoritmos para o procesamento da linguaxe natural, con especial énfase na súa aplicación á análise de sentimentos en redes sociais". Os Premios Nacionais de Informática, que se conceden desde 2005 con periodicidade anual, constitúen os premios máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da Enxeñaría Informática.

DATOS

• Talento A modalidade Aritmel deste premio está dirixida a aqueles investigadores, menores de 55 anos, que realizasen sobresaíntes aportacións científicas na área da Enxeñaría Informática. A modalidade de Novos Investigadores Informáticos está destinada a distinguir traballos de doutoramento innovadores e relevantes. Búscase recoñecer aqueles investigadores que contribúan ao relevo xeracional nesta disciplina.

14 may 2018 / 21:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito