Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iraga, o primeiro centro galego en incorporar o novo incubador Geri

Clasifica os embrións en función do seu potencial de implantación

Santiago. O equipo de Iraga, Unidade de Reprodución Asistida A Rosaleda, incorporou a última tecnoloxía para a selección de embrións, combinando un novo test de Avaliación de Viabilidade de Embrión (Eeva) co incubador time-lapse Geri.
O incubador Geri presenta un software que clasifica os embrións en función do seu potencial de implantación, coñecido como o test Eeva. Ademais, o equipo dispón de seis incubadores individuais; cada un deles ten unha cámara de alta resolución que mellora a calidade das imaxes de todos os embrións cada cinco minutos.
Desta maneira cultívanse os embrións humanos individualmente e detéctanse os movementos celulares do embrión, diferenciando cando ocorren as divisións embrionarias. Toda a información obtida é tratada por un software informático específico, que predí o potencial de desenvolvemento e clasifica cada embrión cunha eficacia do 85 %.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

30 ene 2017 / 21:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito