Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
alcalde de boqueixón

Jesús Sanjuás: “Teño a intención de continuar de alcalde até o final desta lexislatura”

“Pola miña mente non pasa a fusión nin con Santiago nin con ningún municipio limítrofe” // “Adolfo Gacio non será un rexedor na sombra; nin asumirá áreas no goberno nin tan sequera estará no Concello”

Jesús Sanjuás (Codeso-Boqueixón, 1957) vén de recoller o testemuño na alcaldía do popular Adolfo Gacio. Convencido da inocencia do anterior rexedor, amósase ilusionado co novo cargo, no que ten pensado permanecer polo menos até final da presente lexislatura.

Leva dúas semanas de alcalde en funcións, ¿como foi a aterrizaxe no seu novo posto?

A verdade é que non notei demasiado cambio. Despois de 25 anos coma concelleiro e esta lexislatura e media con dedicación exclusiva, tívenme que ir actualizando con algúns temas, aínda que si se nota o cambio no sentido de que conto agora cunhas responsabilidades que non tiña antes.

¿Como afronta esta nova situación no Concello?

O primeiro de todo, gustaríame agradecerlle ao anterior alcalde, Adolfo Gacio, todo o traballo que desenvolveu en Boqueixón. Deixou o listón moi alto, pero eu estou ilusionado e tentarei, como moito traballo, estar á altura das circunstancias.

Más información en El Correo Gallego en Orbyt

09 oct 2012 / 20:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito