Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
01:20
h
CULTURA

José Alberto Pedrido faixe co premio de fotografía do programa Cine Classics

O programa Compostela Cine Classics 2014 fai público o fallo do xurado do concurso de fotografía promovido nesta edición.

Dun total de 31 fotografías presentadas a través do álbum do concurso na páxina oficial de facebook de Compostela Cine Classics, resultaron as quince máis votadas: "Voltaremos" de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva" de Ana Valado; "Personaxe misteriosa" de Jose Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro cinema paradiso" de Jorge Juan; "Redescubrindo a sala Iago" de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello" de Javier Grixo; "Godard" de Ana Gontad; "I love cine" de Peibol; "Safety curtain" de Valeria; "A taquilla do Colón" de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario" de Maria Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle Inclán" de Maria Munín Gonzalez; "Primer plano" de José Mª Lamas e "Expo cine" de Lora B.

O fallo do xurado outorgou a máxima puntuación á fotografía "Voltaremos", que amosa a taquilla do cine Capitol. De acordo coas bases do concurso, estas fotografías conformarán a exposición "Espazos compartidos. Cines e vidas" que poderá verse no Centro sociocultural O Ensanche do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2015 e que poñerá fin á programación desta edición do programa Compostela Cine Classics que dera comezo xa o pasado mes de setembro.

O concurso animaba a buscar fotografías especiais sobre o cine e os cines, sobre experiencias vividas no Compostela Cine Classics, o cine da infancia, os momentos especiais no cine, en definitiva o cine na vida das persoas. O premio para a fotografía gañadora consiste nun lote de libros sobre cine e varios DVD que lles serán entregados ao gañador na data da inauguración desta exposición.

Mais información no:

https://www.facebook.com/compostela.cineclassics?fref=ts

29 dic 2014 / 13:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito