Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lembrando a Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento

Morreu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, sendo enterrado o 9 de xaneiro no Cemiterio da Chacarita

O Panteón de Galegos Ilustres acolleu a tarde de onte unha ofrenda floral e homenaxe á figura de Castelao no sesaxésimo sexto aniversario do seu pasamento.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires, sendo enterrado o 9 de xaneiro no Cemiterio da Chacarita.

Convocados pola Fundación Castelao e coa participación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, déronse cita representantes da sociedade, da política e da cultura de Galicia que deron lectura a fragmentos do Sempre en Galiza. Interviñeron, entre outros, Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e Adolfo Muíños, alcalde do concello de Rianxo.

Neste acto lembramos a figura de Castelao, fundamental na escena cultural e política galega da primeira metade do século vinte, que reflectiu na súa obra pictórica e literaria o compromiso que o unía a súa terra. Xa dixo Paz Andrade falando do seu amigo finado, que foi un home que traballou polo ben dos demais, pola sorte do seu pobo e pola ascensión do espírito.

Rematou o acto cunha actuación musical e coa interpretación do himno galego por parte dos asistentes.

08 ene 2016 / 12:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito