Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

LG presenta un altofalante que levita

O LG PJ9 mantense no aire mediante electroimáns e incluso cárgase sen fíos

Hai un par de anos, buscando destacar entre a inmensa oferta de altofalantes sen fíos que chegaban ao mercado, presentouse o OM/ONE, un altofalante Bluetooth capaz de levitar sobre unha base que chamaba poderosamente a atención, pero que pasou sen pena nin gloria polas tendas, polo que sorprende que LG queira seguir os seus pasos e anuncie que vai levar ao CES de Las Vegas o Levitating Portable Speaker (modelo PJ9) que presume de mesturar son de alta calidade cun deseño moi rechamante á vista.
Este altofalante integra potentes electroimáns no seu interior que permite que flote no aire sobre unha estación de levitación que permite que este altofalante funcione libre de cables e de contacto con calquera superficie, o que sumado ao feito de estarmos ante un sistema de son omnidireccional enriquecido por un subwoofer integrado na base de levitación.
A batería recargable do altofalante permítelle funcionar até 10 horas ininterrompidas, aínda que cómpre salientar o feito de que, cando está a piques de rematar a súa carga, o altofalante pousa sobre a base de levitación para cargarse sen fíos, sen intervención do usuario nin interrupción da música. Amais, estamos ante un trebello con certificación IPX7, ou sexa, que pode empregarse en exteriores, xa que soporta as inclemencias meteorolóxicas.
Para unha maior comodidade, o PJ9 pode conectarse a 2 dispositivos Bluetooth simultaneamente. Polo momento non se coñece a data de lanzamento nin o prezo que terá este produto.

27 dic 2016 / 13:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito