Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

López Abella pasou revista ós proxectos de Igualdade

BARBANZA A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou onte en O Son e Lousame varios proxectos en materia de igualdade e conciliación.
En O Son, a Secretaría Xeral de Igualdade destinou 11.000 € a asociacións no período 2009-2012, ós que hai que engadir outros 7.000 habilitados este ano para programas de conciliación. Con esta contía, o Concello puxo en marcha o Banco do tempo, que oferta actividades de conciliación na ludoteca municipal. No que atinxe a Lousame, López Abella coñeceu os proxectos Lousame concilia, de atención e coidado de menores durante o curso escolar e que busca conciliar a vida familiar e laboral, e Engánchate ó bó trato, talleres dirixidos a escolares de 3 a 16 anos para previr a violencia de xénero.

18 nov 2013 / 19:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito