Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Lousame acolle hoxe unha charla sobre ciberseguridade

A casa da cultura de Lousame acolle hoxe, ás 20.00 horas, unha charla sobre redes sociais e ciberseguridade que será impartida por persoal da Garda Civil. A concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que "o obxectivo principal desta charla é formar ás familias de Lousame na prevención do uso excesivo das redes sociais por parte dos seus fillos e fillas, así como darlles ferramentas para o control

parental e a prevención dos riscos relacionados co emprego sen control da Internet". Esta charla é a primeira das iniciativas programadas polo Concello de Lousame para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e que incluirá tamén un curso de defensa persoal para mulleres

15 nov 2018 / 21:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito