Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lousame convoca o programa Activa-Mente, para maiores de sesenta anos

    O Concello de Lousame convoca por decimosétimo ano consecutivo o programa gratuíto Activa-Mente, dirixido a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio maiores de sesenta anos, con actividades para fortalecer capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Levaranse a cabo todas as semanas ata o mes de xuño nos distintos locais sociais das parroquias, impartidos por persoal dos Servizos Sociais. As clases, dunha hora de duración, comezarán esta semana. As sesións de presentación serán mañá en Sanguiñal (10.00 horas), Aldeagrande (11.30), Vilacoba-Lesende (16.00) e Escabia (17.45) e, o mércores 16, en Camboño (10.00) e Cruído (11.30). A inscrición é de balde e está aberta todo o curso, polo que só é preciso poñerse en contacto co citado departamento municipal. Os interesados en participar tamén poden chamar ó número de teléfono 981 820 494 ou enviar un WhatsApp ó 689 126 385. O executivo local sinala que con esta iniciativa "promóvese a xuntanza veciñal para seguir aprendendo cousas novas". O ano pasado os participantes neste programa fixeron representacións teatrais.

    13 oct 2019 / 21:53
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito