Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 14 junio 2021
18:25
h

Luis Oujo: "A miña loita será que Porto do Son non se quede á cola dos concellos do Barbanza"

Alcaldable del PP en Porto do Son

Luis Oujo, candidato do Partido Popular á alcaldía de Porto do Son, alternativa totalmente renovada que propón para o Concello unha política basada na boa xestión.

¿Cómo valora a súa primeira incursión na política e os primeiros pasos na campaña electoral?

Pois mire, teño que dicir que cada día me sinto máis optimista. Creo que estamos facendo un bo traballo e eso refléxase na opinión dos veciños. Creo que o noso proxecto e a ilusión que estamos poñendo nel está chegando á xente, esa é a idea que os veciños nos transmiten e para nós supón un empuxe moi grande para seguir adiante.

Os veciños de Porto do Son demandan dende hai anos un cambio no clima da política do Concello, e iso é precisamente o que nós ofrecemos.

¿Cree que a crispación existente entre os distintos grupos políticos se está facendo patente na campaña electoral?

Dende logo que hai algo que nós temos moi claro. Mire, eu non me metín en política para críticar ou descalificar persoalmente a ninguén, ou para faltar ó respeto. Si de eso se trata, sinceramente, mañán mismo me vou para a miña casa.

Eu e o meu equipo estamos aquí para defender un proxecto de futuro para Porto do Son, porque creo que a situación económica que estamos viviendo é moi complicada, e creo que nestes momentos é cando hai que arrimar o hombro e traballar para que as cousas melloren.

A partir de aí, o único que pretendemos é que a xente valore o que quere e que vote en consecuencia.

Vostede enfrentouse co reto de formar unha lista nun tempo record ¿Cree que cas presas se lle puido quedar algo no tinteiro?

Cando desde o Partido Popular se me propuxo ser o candidato para a alcaldía, dixen que aceptaría poñendo dúas condicións que eran básicas para min, e sin as cales entendía que non me sería posible levar a cabo este proxecto.

Primeiro, pedín o apoio total e absoluto da Xunta de Galicia, e segundo, a total liberdade para elaborar a miña propia lista. Para mín esto é algo fundamental, porque para este proxecto, como para todos os que acometín con anterioridade ó largo da miña vida, necesitaba rodearme dun equipo de xente cualificada, da miña total confianza, con ganas de traballar polo noso Concello, e que compartise comnigo a ilusión de afrontar este maravilloso reto.

O meu equipo está composto por homes e mulleres con formación en diferentes ámbitos como o dereito, a economía, a arquitectura, os deportes, o sector forestal..., un equipo variado do que me sinto orgulloso e que estou seguro de que está preparado para asumir a difícil tarefa de gobernar.

¿Cómo ve a situación actual de Porto do Son e cómo cree que se podería revitalizar o municipio?

Lamentablemente, penso que Porto do Son se encontra nun momento de estancamento, nun nivel por debaixo do que fomos en outra época. Por eso a miña loita será conseguir que subamos de nivel para non quedarnos á cola dos Concellos da Barbanza.

Non me gustaría que o meu Concello estivese eternamente condenado a vivir do turismo os meses de verán. Eu quero que Porto do Son xenere riqueza durante os doce meses do ano. Necesitamos crear emprego, debemos impulsar a implantación de empresas no noso Concello a través da creación do Parque empresarial e vías de comunicación adecuadas.

Os grandes proxectos do noso programa están referidos a infraestructuras que nós consideramos básicas e que ata o momento non viron a luz no noso Concello. Nós temos, en este sentido, a enorme ventaxa de contar en este momento co incondicional apoio do Conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández, que nos acompañou estes días de campaña e estivo aquí para mostrarnos o seu respaldo e a súa grande implicación cos proxectos que lle mostramos para Porto do Son, e que son pará nós tan necesarios.

14 may 2011 / 23:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito