Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
Actor en ‘Los Fenómenos’

Luis Tosar: “Los lunes al sol’ foi unha peli visionaria, desgraciadamente”

“As responsabilidades da crise económica aínda non foron depuradas, e moita xente sufre por todo iso” // “É difícil que un creador sexa neutral ante o que está pasando, non podes escapar da realidade”

José en Los lunes al sol, Antonio en Te doy mis ojos, Pablo en La flaqueza del bolchevique, Malamadre en Celda 211, Costa en También la lluvia... E agora Lobo en Los Fenómenos. As personaxes de Luis Tosar (Cospeito, Lugo, 1971) sempre camiñan pegadas á realidade. Como o seu propio intérprete, moi crítico coas inxustizas da crise económica: "Porque mesmo con esta película só nos queda confiar no boca-orella, porque chegará case desvalida aos cines como a maioría dos filmes".

Esta é a historia dunha crise personal pero no contexto da crise económica, e tamén nunha comarca en permanente crise

Si (risas), básicamente todo é crise nesta película. Imos a contar o que está pasando neste país, e en moitas partes. É unha realidade que xa nos ven acompañando dende hai anos. A peli conta un contexto que se produciu hai cinco anos. E do que agora estamos vivindo as consecuencias máis terribles. Digamos que a película remata sendo un pouco o principio do fin de todo este bum inmobiliario, e de todas as consecuencias que trouxo despois.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 nov 2012 / 20:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito