Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis problemas na historia de amor entre Daniel e Clara

Alba Lago falará con Isi, o divertido personaxe de TVG no magazin dos mellores momentos dos 25 anos da Galega

Televisión de Galicia emitirá hoxe (22.15 horas) dous novos capítulos da serie Quen poidera Namorala. Esta proposta televisiva da noite dos domingos, de man de José María Besteiro. A historia de amor entre Clara e Daniel complícase un pouco máis. Nos capítulos desta noite Paula lle envía ao cuarto de Daniel un almorzo moi especial pero por un erro recíbeo Elena, polo que esta vai desconfiar. Por se fose pouco, Elena ve a Paula no corredor e entón cré tolear. O incidente remata cunha forte liorta con Daniel.

Despois Elena acode á casa de súa nai, Luísa, discute con Fernando, a parella desta, e termina por botalo da casa. Luísa ten a súa vida, o seu traballo e a súa orde e non está disposta a perder isto, pero Elena é súa filla e en determinadas cousas non pode descubrila, como é no caso do falso embarazo.

Por outra banda, un domingo máis, Alba Lago achegaralles esta tarde aos telespectadores os mellores momentos dos 25 Anos da Galega a través dos seus protagonistas e contados por eles. O magacín continuará o seu periplo polos escenarios e paisaxes que foron o centro de operacións de diversos programas e series que levaron á TVG algúns dos seus mellores éxitos. Hoxe recalará na Estrada, que foi o escenario de concursos como Téquele, Téquele, Tequelexou e Bravo polos Amigos.

A presentadora do programa falará cun dos personaxes coñecidos da Galega o simpático e divertido Isi.

Outro dos convidados será o actor e director galego Rubén Riós, coñecido pola audiencia principalmente polo seu papel de Marcos en Libro de familia, pero cuxos inicios nos remiten tamén a Bravo polos Amigos, xa que foi alí onde tivo unha das súas primeiras experiencias diante das cámaras.

29 ago 2010 / 00:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito