Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis de seiscentos alumnos das Escolas católicas participan na Festa da Lingua

LETRAS 2017 Máis de seiscentos alumnos de Educación Primaria pertencentes a colexios adscritos a Escolas Católicas da cidade de Santiago citáronse onte no salón de actos do colexio La Salle para festexaren a súa Festa da Lingua 2017. A xornada foi inaugurada polo secretario autonómico Ignacio Parajó Calvo lembrando que a lingua é un gran tesouro e que temos a responsabilidade de falala e de escribila, mergullando co rap que acompañou a proxección do vídeo O galego é de todos, elaborado por alumnado da Sagrada Familia de Aldán. O colexio Divino Maestro leu un manifesto recordando a figura de Casares e representantes dos Remedios, San José de Cluny, Compañía de María, Divino Maestro, Os Remedios, San Jorge e La Salle leron textos seleccionados das súas obras.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 may 2017 / 19:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito