Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os manuscritos de Rosalía, recollidos nun volume da RAG

‘Autógrafos poéticos’ está editado coa Barrié // Montero recorda un texto inédito da autora, propiedade dunha familia de Compostela

A extraordinaria colección Clásicos da Academia, enriquécese desde onte co libro Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos, que editado por Henrique Monteagudo, e patrocinado pola Fundación Barrié, reúne noventa textos compilados nos arquivos da Real Academia Galega (RAG), a Fundación Rosalía de Castro, o Municipal, da Deputación, e do Museo de Belas Artes, todos da Coruña, de particulares e unha carta do legado de Víctor Said Armesto doada á Fundación Barrié, que editou Diego Rodríguez.
“Rosalía non só encarna no noso carácter o mellor da nosa alma senón que tamén a súa voz fíxose múltiple para darlle un altofalante a todo o pobo, a toda unha sociedade que levaba ademais moitos séculos calada”, expresou José María Arias, presidente da Fundación Barrié, na presentación do libro xunto ao titular da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o secretario da institución e autor da edición do volume, Henrique Monteagudo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 mar 2017 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito