Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Maret, a finalista do programa Factor X, prepara novo disco

A expresentadora do Luar tampouco pecha as portas a máis experiencias que lle poidan surxir para traballar no ámbito da televisión

Para moitos a música é sinónimo de alma. Algo polo que vivir, algo polo que loitar. Máis que unha forma de gañarse a vida, unha forma de vida.

É o caso da cantante Maret. Expresentadora e cantante por devoción desde meniña amosa, en declaracións a EL CORREO, un pouco do seu mundo.

Con 26 anos a súa traxectoria xa é digna de admirar. Finalista de Factor X e gañadora no concurso de Recantos do programa da TVG, Luar, Maret amósase cun ánimo implacable. "É unha profesión a longo prazo na que hai que ir pouco a pouco, sen desesperar e, sobre todo, sen pisotear ao veciño".

Cun sorriso sempre atento, recoñece que ao longo dos anos foi gañando experiencia, "ó verte agora daste conta do que evolucionaches, a experiencia é un grao" pero a verdadeira esencia sen dúbida é "facer o que che gusta e demostrar o que vales".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

11 ago 2013 / 20:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito