Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mariño destaca a aposta do BNG por mellorar os servizos sociais en Dodro

O tenente de alcalde nacionalista mantivo un encontro coas traballadoras da área

    O edil do BNG e membro do goberno tripartito de Dodro, Xoán Bautista Mariño, destaca nun comunicado o papel que quere xogar a súa formación para mellorar os servicios sociais no concello. Mariño lembra que aínda que a súa formación renunciou a percepción dun salario polo seu traballo, "iso non está sendo, nin será, un impedimento para traballar na mellora dos servizos da veciñanza".

    Mariño Abuín, tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Sociais, di que o seu traballo diríxese a mellorar a calidade de vida dos maiores, con programas sectoriais específicos e servizos de dependencia que engloban axuda no fogar, cursos de memoria, alfabetización de adultos ou obradoiros, entre outros proxectos.

    O edil nacionalista destaca o traballo que desde Servizos Sociais se presta á cidadanía pese ao pouco persoal existente. Tras unha toma de contacto coas traballadoras e programas, di que xa traballan nas distintas iniciativas de cara ao outono e inverno sen esquecer o día a día.

    X. Bautista Mariño

    Tenente de alcade de Dodro

    "Trataremos de poñer en valor os recursos humanos e materiais"

    30 jul 2019 / 21:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito