Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medidas de protección para orfos vítimas de violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda,e representantes de Asociacións e Colexios Profesionais asinaron o convenio para a asistencia integral

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá un convenio cos representantes dos colexios de Graduados Sociais, Xestores Administrativos, Educadores sociais e auditores sociolaborais, para a asistencia integral dos orfos vítimas da Violencia de Xénero, ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Mediante a sinatura deste convenio intensificase a asistencia e protección de menores, que contarán con acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos que precisen as fillas e fillos orfos e menores de 30 anos das vítimas mortais da violencia de xénero en Galicia, así como ás persoas que asumen a súa patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente, no caso de menores de 18 anos. Contarán tamén co o apoio socio-educativo, sempre que sexa preciso.

Así, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia e os Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia colaborarán apoiando a estes menores e ás persoas que asumen a súa custodia, no acompañamento e asesoramento na xestión dos trámites administrativos. O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia colaborará no apoio socio-educativo para as fillas e fillos menores. E a Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral, actuará como nexo de coordinación en todo o procedemento.

A Xunta asumirá todos os custos derivados das accións, levadas a cabo sempre co consentimento expreso por parte dalgunha da persoas que asuman a patria potestade, garda, custodia ou acollemento permanente no caso de orfos/as menores de idade, ou dos propio fillos orfos no caso de maiores de idade e menores de 30 anos.

SAÚDOS,

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA

02 ene 2019 / 13:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito