Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mergullo ofrece aventuras baixo a auga neste verán

A escola prepara o obradoiro de iniciación Open Water Diver // Terá lugar do 7 ao 11 deste mes en Porto do Son

A paixón por coñecer a beleza mariña, somerxerse entre a súa fauna e flora e perder o medo a mergullarse para soamente disfrutar da aventura debaixo das augas, son as premisas primordiais polas que traballan dende a escola Mergullo Compostela, coa sede de actividades ubicada en Porto do Son.

Para os amantes, novatos ou curiosos desta técnica deportiva, a empresa está preparando un dos primeiros cursos deste verán: o Open Water Diver, de iniciación ao mergullo con botellas. Terá lugar do 7 ao 13 deste mes e desenvolverase dende a praia do Son, "nas nosas instalacións, ao lado do porto. Onde dispoñemos dun barco e material indispensable para esta práctica", explica o instructor Marcelino González.

"Case todo o mundo pode bucear", explica González e "sentir esa sensación especial que ten o mar. Hai a moita xente que lle condiciona a vida e o silencio das augas lles fai voltar noutras ocasións a máis cursos", asegura.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 jul 2014 / 22:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito