Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Isabel ReI, Profesora en el Conservatorio Profesional de Santiago y guitarrista

"A miña paixón pola música naceu pouco antes co meu interese pola literatura"

La guitarrista Isabel Rei fue protagonista de un breve concierto propuesto por la Fundación Castelao en San Domingos de Bonaval, en el que, con la cantante Belén Bermejo, contribuyó al acto en homenaje del intelectual y artista gallego, y en el que además de las palabras que glosaron su figura y la tradicional ofrenda floral, aportaron piezas escogidas del Cancioneiro de Marcial de Valladares, en lo que fue un acto íntimo donde se concitaron importantes personalidades de diferentes padroeiros de la propia fundación y representantes de la vida social. Hablamos con Isabel Rei sobre su trayectoria profesional.

¿Podría hablarnos de la importancia de Marcial Valladares y, en concreto, sobre las piezas elegidas a las que no podríamos renunciar?

O arquivo musical de Marcial Valladares e da súa familia é un dos fondos de partituras máis importantes da primeira metade do século XIX galego. Com música para voz, piano, violín, flauta e guitarra, o conxunto consta de unhas 700 obras musicais. O Cancioneiro que Marcial Valladares elaborou e asinou en 1865, e que non foi publicado até 2010, é un tributo especial enfocado na música popular galega, no contexto da vida musical dos Valladares. As dúas pezas escollidas para a homenaxear a Castelao foron o primeiro Alalá do Cancioneiro, que ten a forma máis nuclear e básica, unha melodia única: “Na alma se me cravou a raíz do teu querer, mentres no mundo viver outro amor non hei de ter”. A segunda peza é unha cantinela, así denominada por el autor do Cancioneiro, de forma máis complexa, integrada por dúas melodías combinadas nas partes A e B. Representa un tipo de canción popular de estrutura ampliada sobre a base da primeira peza. As cancións foran acompañadas dunha parte para piano composta por Marcial Valladares, que no recital a Castelao fixemos con guitarra. Estas son as primeiras manifestacións da vontade de creación dunha canción galega romántica, dentro do movemento de recuperación e dignificación da canción popular que se iniciaba no século XIX precisamente por intelectuais como Marcial Valladares.

Dada la relación de Castelao con la música, que tan de cerca le queda, ¿podría detallarnos cuál fue su grado de compromiso y qué formas concretas de la misma ocuparon sus preferencias?

Daniel Castelao aprendeu a tocar a guitarra na Pampa argentina e no seu 3º curso como estudante de Medicina en Compostela integrou como guitarrista a Tuna universitaria, xunto ao pai de Ernesto Guerra da Cal, que facía o propio coa bandurra. Casto Sampedro, outro intelectual do XIX preocupado pola recuperación da música popular galega, recolle no seu Cancioneiro unha muiñeira que tiña sido cantada por Castelao, alén diso a chamada Foliada de Negreira, que foi a interpretada por nos na homenaxe. Tamén se sabe que era da súa preferencia. Como pintor e deseñador, Castelao ten varios retratos, auto-retratos, pinturas de costumes e deseños con motivos musicais. Como intelectual completo que foi, Castelao non podia ficar alleo a unha arte que era cultivada por todas as persoas con algún interesse cultural no seu tempo.

Hay una Isabel Rei profesora y alumna. ¿Quiénes fueron esos maestros que marcaron su evolución y que ayudaron a orientar una carrera que ya se ve consolidada?

Como estradense, comecei a estudar no Conservatorio da miña vila, con Pelayo Redondo. Máis tarde, en A Coruña, acabei a carreira co profesor e amigo Antonio Rocha. Depois realizei cursos e aulas magistrais con numerosos intérpretes, dos que destaco o enorme David Russell e o meu profesor alemán, o excelente Thomas Müller-Pering, con quen estudiei na Hochschüle für Musik Franz Listz, em Weimar. Agora tento aprender de grandes pianistas como Maria João Pires a necesidade de acadar o estilo propio, a sinceridade con nos mesmas, que é a forma máis perfecta de realizar-se a través da interpretación musical.

De hecho, la constancia palpable son la serie de concursos que ha ganado. ¿En orden de consideración, será usted misma quien establezca una jerarquía de prioridades?

Os concursos son unha etapa da formación musical que hoxe percibo como algo completamente prescindible. Fun premiada en varios concursos, e tal vez o máis importante e que xerou condicións mellores para a miña carreira foi o Fernando Sor de Roma, que posibilitou a miña presenza por catro veces no Festival di Chitarra organizado por Giuliano Balestra e Elisabetta Manjeron na cidade de Udine, en Italia.

Es autora, además, de numeras obras literarias, como el libro ‘Proel e o Galo. Poesía e Prosa Galega Completa de Luís G.Amado Carvalho’.

Recoñezo que o interese pola música naceu en min pouco antes que o interese pola lingua e a literatura. De crianza xa me gustaba contar historias, gañaba os concursos de redacción, e en 8º de EGB fun representante da miña escola para ir debater sobre galeguismo na celebración do Día das Letras Galegas daquel ano. A publicación de Amado Carvalho foi un dos meus primeiros traballos literarios. O libro conten toda a obra en galego do excelso poeta, en prosa e en verso, adaptados á ortografia internacional do galego e comentados en clave musical. O volume forma parte da colección Clássicos da Galiza, que consta de sete volumes con obras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Vicente Biqueira, Leiras Pulpeiro, Lopes Ferreiro e o Cantos Lusófonos, um cancioneiro popular.

05 feb 2020 / 23:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito