Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ de todo un pouco }

Mullerese lectura

    TEN razón Manuel Bragado cando se refire á primacía das mulleres no terreo da lectura e das redes sociais. El aporta estatísticas irrefutables porque vive moi dentro do mundo do libro: dirixe Edicións Xerais e preside a Asociación Galega de Editores.

    Consultei a diferentes bibliotecas sobre este tema e na biblioteca coruñesa González Garcés; na Ánxel Casal, de Santiago; na viguesa do Calvario e noutras, a asistencia feminina é maioritaria.

    Pero a mellor proba téñoa moi á man. En Gres, na biblioteca da nosa fundación, poida que a única do seu tipo en todo o rural galego, que conta con 8.700 volumes, nos anos que levamos ofrecendo este servizo nun radio aproximadamente de trece quilómetros, tamén é maior a presenza de lectoras. Ademais do que se le en sala levamos prestado a domicilio máis de catorce mil títulos, que non é pouco. Temos establecidos uns carnés para formalizar estes préstamos. Hai poucos socios adultos, e entre a xente nova existe unha marcada maioría feminina.

    Hai máis de cincuenta anos, en Buenos Aires, o poeta Emilio Pita, que viaxaba con frecuencia en tren á cidade de Rosario, díxome un día: "os homes len algunha publicación deportiva, mentres que as mulleres van lendo libros". Tal predominio existía tamén nas bibliotecas das sociedades galegas da capital arxentina. E comprobeino na do Instituto de Literatura e Lingüística da Habana. As mulleres son máis lectoras que nós. Recordo a miña avoa Maripepa, que a privaron da escola por ser muller, e a situación de hoxe neste terreo alégrame certamente.

    Escritor

    31 may 2014 / 20:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito